O Concello do Vicedo activou un servizo especial de impresión

O Concello do Vicedo activou un servizo especial de impresión de documentos para alumnos de Primaria, Secundaria, FP e Universidade do municipio.

O sistema para o envío e recepción farase enviando os documentos ao correo electrónico apuntes@concellodovicedo.org.

Ademais dos documentos, haberá que indicar nome e apelidos do alumno, dirección e teléfono de contacto.

Os documentos imprimiranse na Casa da Cultura e serán enviados a través dos voluntarios de Protección Civil á dirección indicada no mail.

 

Etiquetas