Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Humana vai proceder ao precintado temporal dos contedores de Ribadeo

Por 20 Abril, 2020Sin comentarios

 Humana vai proceder ao precintado temporal dos contedores de recollida de roupa que ten instalados en Ribadeo. Así llo comunicou a organización nas últimas horas ao concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije.

Humana subliña que, como consecuencia da crise sanitaria global que estamos a sufrir, vai suspender de xeito temporal o servizo de recollida selectiva de téxtil en Ribadeo. E explican que esta medida tamén foi adoptada noutros municipios e cidades españolas, como parte do plan de redución paulatina do servizo prestado, para adecuarse ao desfavorable contexto actual.

Desde Humana sinalan que o seu obxectivo é reanudar o servizo en Ribadeo en canto as circunstancias o permitan.

Jorge Díaz Freije pídelle á veciñanza que “non acuda a depositar roupa aos contedores de Humana ata novo aviso. En canto a firma poida retomar o seu traballo informaremos convenientemente á  poboación. As circunstancias actuais obrígannos a mudar as nosas boas costumes, que agardamos retomar en canto sexa posible”.