Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Ribadeo conta cun servizo de información telefónica á cidadanía

Por 20 Abril, 2020Sin comentarios

O Concello de Ribadeo ofrece un servizo de información telefónica á cidadanía sobre as medidas e axudas relacionadas co Covid-19. Funcionará de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “a entidade local pon a disposición da cidadanía, empresas e traballadoras/es autónomas/os un servizo de información telefónico para facilitar axuda acerca das medidas adoptadas polos distintos administracións públicas (estatal, autonómica e local) para minimizar o impacto do Covid-19”.

O edil ribadense dixo que “se trata dun reforzo dos servizos municipais, levado a cabo dende a Área de Desenvolvemento Local, para facilitar información relacionada con distintos trámites e axudas como a prestación extraordinaria para persoas autónomas; os Ertes; o aprazamento de pagos de impostos e cotas á Seguridade Social; as prestacións por desemprego; o permiso retribuído recuperable; a incapacidade laboral por Covid-19; as liñas de avais; a moratoria no pago de alugueiros e hipotecas; as axudas á vivenda habitual; a devolución de taxas e prezos públicos; etc”.

Pablo Vizoso dixo que “as persoas interesadas e obter información sobre este servizo poden poñerse en contacto a través do teléfono 679 874 901 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas”. E engadiu que “a maiores o Concello ten dispoñible unha guía informativa coas medidas adoptadas polo Covid-19 na súa páxina web www.ribadeo.gal. Esta guía ten un carácter dinámico xa que se actualiza constantemente para incluír as medidas que se van aprobando”.