As tres pontes do Barqueiro

Por Somi López

A zona do Barqueiro no Vicedo conta cun feito case único e peculiar da enxeñería civil: a presenza de tres pontes consecutivas.

O orixinal, coñecida tamén como A Vella Ponte é a ponte central. Foi construída con estrutura metálica e ten tres tramos sobre alicerces de  sillar. Este paso  foi o primeiro nexo de unión entre a provincia de Lugo e a súa veciña, A Coruña.

O seu proxecto é moi antigo pois data do ano 1894 segundo deseño dos enxeñeiros Adolfo Pequeño e José Real. Terminouse de construír en 1901, nos tempos da rexencia de María Cristina e tivo un custo de unhas 528.000 pesetas da época.

Actualmente dispón de tres tramos metálicos de vigas do tipo  bow-string en taboleiro inferior con apoio en  estribos e dúas pilas de formigón con  chapado en pedra de boa  sillería.

A lonxitude do taboleiro é de 152 metros máis outros 30-40 metros de muro de acompañamento e  estribos. Dispón de 3 vans  adintelados con luces de 48 metros cada un.

A súa anchura orixinal era de 5 metros ampliados a 7 metros con  voladizos de chapa que apoian en  tornapuntas metálicos para habilitar un par de viais peonís dun metro cada un. A frecha sobre lámina de augas é de 12 metros.

Esta magnífica ponte  carretero na actualidade segue dando servizo como pasarela ao modificarse parte da súa cuberta con novas varandas de aceiro e firme a base de travesas de madeira antiescorregadiza.

Na década de 1980 prohibiuse o paso de coches e camións xa queo seu deterioro empezaba a ser visible. Estivo un tempo aberto para bicicletas, motos e peóns, pero a súa degradación fixo pechalo definitivamente.

Nestes tempos é de acceso peonil trala súa rehabilitación no ano 2006, ademais debido á súa privilexiada situación e altura, hai xente que se lanza á auga desde a mesma ponte nesta zona da praia de  Chamadoiro e a Punta  Furada.Está declarado  BIC  como obra civil de gran valor.

Esta ponte metálica está custodiada por outras dúas pontes moito máis moderas, o da estrada AC-862 e o do ferrocarril da liña Feve.

A ponte do tren serve para o paso do ferrocarril da costa, no que foi o primeiro tramo galego da conexión ferroviaria Ferrol-Xixón, entre a cidade naval e Ponte Mera, inaugurado en xaneiro de 1962. A conexión entre Ortigueira e Viveiro abriuse oficialmente o 24 de xuño de 1966. Tanto a infraestrutura como o servizo, hoxe integrado en Renfe Viaxeiros, sufriron unha notable deterioración nos últimos anos.

A terceira ponte viu a substituír á antiga tralo novo trazado da estrada que neste lugar salva o río Sor.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: