Skip to main content
AMARIÑAXA

Eu estou no meu peso, non necesito de un dietista

Por 21 Abril, 2020Sin comentarios

Por Noel López Pinín

Quen non escoitou  isto alguna vez? ou ¿quen non dixo isto en alguna ocasión?,  pois ben , neste novo post  vamos aportar un pouco de luz e unha visión diferente  do que  un dietista ou nutricionista pode aportar a túa vida.

Antes de nada deixar claro unha cousa, os únicos profesionais capacitados para pautar unha dieta son os médicos especializados en nutrición , os DN (Dietistas-Nutricionistas) que teñen o grado en nutrición de 4 anos ,   ou ben os Dietistas (T.S en Dietética en nutrición)  que teñen un ciclo superior en nutrición de 2 anos de duración. Sempre que acudas a un profesional  esixe que che mostre a súa titulación , coa saude non se xoga e  por desgraza hai demasiado oportunista lucrándose da desperación da xente  a base de  mentiras e falsas promesas, a saúde é o noso ben máis prezado, non deixes que xoguen con ela.

Unha vez aclarado isto vamos a proceder a explicar cales son algúns dos motivos polos cales acudir a un profesional da saúde  , son moitos os motivos polos cales podes recurrir  un Nutricionista,  temos que correxir ese pensamento erróneo de que un nutricionista tan só está para baixar peso así como por exemplo un psicólogo tan só está para escoitar e tratar a persoas con problemas de  depresión  ou  tolemias . Nin un nutricionista está tan só para baixar peso nin un psicólogo para tratar tan só a persoas con depresión.

Podes recurrir a un Nutricionista para obter información veraz e actualizada en canto a alimentación se refire, para consultar dúbidas ou incluso para eliminar mitos nutricionais e información errónea coa que vivimos dende que prácticamente nacemos como por exemplo que o cerebro necesita azucre ou que si non tomas cola cao  non vas medrar.

Podes recurrir a un nutricionista para mellorala alimentación dos teus fillos , igual grazas a ese nutricionista proba alimentos e texturas diferentes que lle gostan e inclúen na súa alimentación.

Podes recurrir a un nutricionista si tes ao teu cargo personas maiores que necesitan de unha boa alimentación para sufragalos requerimentos nutricionais en dita etapa da vida, a certas idades as personas maiores teñen menos apetencia pola comida e iso pode xerar unha malnutrición.

Podes recurrir  a un nutricionista para aprender a leer e interpretar  as etiquetas dos alimentos, as modernidades están ben, hoxe en día existen apricacións que o fan por ti, pero pensa: Qué industrias están detráis de ditas APP?,  intereses económicos?… que mellor que ser un mesmo quen sepa interpretar   e teña ditos coñecementos na  nosa  cabeciña.

Podes recurrir a un nutricionista para mellorar unha analítica, para mellorala sintomatoloxía asociada a enfermidades , para melloralas nosas dixestións que polo que vexo en consulta semana tras semana é o supricio de gran parte da poboación.

Podes recurrir a un nutricionista si eres deportista e queres obter mellor rendimento mellorando a túa alimentación.

Podes recurrir a un nutricionista si eres opositor  e dito proceso consta de probas físicas.

Como vedes son innumerables os motivos polos cales podes acudir a un profesional da nutrición, por iso é moi importante como dixen nada máis comenzalo post recurrir a profesionais formados e contrastados.

Recordarvos que podedes atoparme en Lugo, Láncara, Ribadeo , Burela, Covas, Coruña, Ferrol, Navia e tamén online.

Pon un Dietista na túa vida!