Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Estanse a facer labores de talas e desbroces nas marxes de estradas

Por 22 Abril, 2020Sin comentarios

Estanse a executar labores de retirada de árbores  e desbroces nas marxes de cinco estradas da rede autonómica da provincia, entre elas a VAP da Costa na Mariña, a LU-540 (Viveiro-Cabreiros), a LU-862 (Ferrol-San Cibrao), o corredor Nadela-Monforte de Lemos e a LU-530 en Castroverde.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explica que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina un orzamento de 512.600 a estes traballos, que executa a través dunha encomenda á empresa pública Seaga. Actúa en trece treitos situados nos concellos de Lugo, O Corgo, O Incio, Bóveda, Viveiro, Ourol, Xove, O Vicedo e Castroverde. En total, suman 26,7 quilómetros.

Os traballos están moi avanzandos e neste momento só restan 3,3 quilómetros por limpar, en distintos puntos do Vicedo, Xove e Viveiro nos que se traballa actualmente; desenvólvense simultaneamente tarefas de desbroce nos noiros da VAP da Costa e de tala de árbores nas marxes da LU-862 no límite de provincia.

Os labores consisten na retirada de árbores e arbustos situados nas franxas de dominio público das estrada, fundamentalmente nos taludes. Seleccionáronse os tramos en base á abundancia e características da masa vexetal, co obxectivo de reducir os riscos en caso de incendios e mellorar a seguridade viaria.

Neste sentido, Balseiro explicou que “o efecto cortalumes das estradas depende de que haxa a suficiente distancia entre o arborado de ambas marxes”. Ademais, limpando os   noiros de desmonte e terraplén evítase que as árbores poidan caer na calzada en caso de temporal, ademais de mellorar a visibilidade.