Axencia de colocación

A segunda videoconferencia de Nordés do Vicedo contará con Eliseo Fernández

Na segunda videoconferencia organizada pola asociación Nordés do Vicedo estará Eliseo Fernández, historiador ferrolán, falando de Mar aberto: fuxidas marítimas en Ferrol e Ortegal 1936-1939.

A charla será o sábado 25 de abril ás 19:00 horas.

O título do faladoiro lévanos ao golpe de estado do 1936, a posterior guerra (ata 1939) e ao período da posguerra. Durante esos anos producíronse fugas marítimas de homes e mulleres contrarios ao bando sublevado que querían pasar á zona republicana ou chegar á costa francesa. Eliseo profundizará nos feitos concretos da comarca de Ferrolterra e O Ortegal. Por exemplo achegarémonos á fuxida do bou Ramón na ría de Ares, á do vapor Arkale en Cariño cara Francia, a do pesqueiro Ramón Galdo en Espasante, etc.

Na nosa canle de Youtube (Nordés Faladora) retransmitiremos a videconferencia https://youtu.be/mZP-TXp2CG4.

Poderanse deixar preguntas no chat do vídeo ou no Facebook da asociación.

Etiquetas