Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O BNG esixe á Xunta que interveña para garantir os postos de traballo de Alcoa

Por 25 Abril, 2020Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego reclama da Xunta de Galicia e dos representantes institucionais da Mariña unha resposta inequívoca na defensa do mantemento dos postos de traballo nas auxiliares de Alcoa, tras a decisión da empresa de non reactivar as cubas que cheguen á súa vida útil.

A responsable comarcal na Mariña “traslada o apoio inequívoco do BNG ás traballadoras e traballadores afectados e a todo o cadro de persoal e reclama unha resposta política inequívoca esixindo o compromiso de mantemento dos postos de traballo en Alcoa e auxiliares.”

Ana Ermida sinala que “a situación puntual que poida estarse dando no mercado do aluminio non pode ser disculpa para parar a producción da planta de San Cibrao e non realizar as labores necesarias para a súa posta en funcionamento no momento en que o mercado volvese á normalidade.”

Por iso, a Xunta de Galicia debe garantir coa empresa o mantemento dos postos de traballo que “agora non están na picota por unha decisión dependente do goberno do estado, senón por unha decisión empresarial que afecta ao cadro de persoal.”

“Agora mesmo hai evidencias de postos de traballo en risco de perderse, polo que é o momento de demandar a reciprocidade da empresa coa resposta que obtivo a nivel social e institucional. Debe demostrar polo tanto a Xunta de Galicia e o Partido Popular, nomeadamente aos representantes municipais que nos últimos tempos lideraron as reclamacións ante o goberno central, que a súa preocupación real son os postos de traballo e non a súa utilización para unha loita política.”

O BNG manterá nos próximos días un encontro con persoal das empresas afectadas para coñecer a situación de primeira man.