Skip to main content

O comité de empresa de Alcoa, con case 2.000 traballadores, trata de levar o mellor posible a crise sanitaria.

Así, están a facer un control e medidas preventivas para evitar que o coronavirus incida na saúde dos traballadores, xa que a súa produción foi considerada esencial polo Goberno.

As medidas na fábrica son cada vez máis rigorosas e os traballadores reciben a diario información sobre a situación na fábrica mariñá. De feito contan xa cun positivo.

Están a facer entradas graduais en quendas, división dos horarios para o personal de xornada normal. Tamén contan coas distancias de seguridade, con epis e un sistema de cámara termografíca.

“Púxose en marcha un novo sistema para control de entrada e saída de contratistas substituíndo o sistema da pegada”, puntualizou José Antonio Zan, presidente do comité de empresa.

Dende o comité din que “é pronto para saber como vai afectar a crise e como vai ser a reactivación”.

A volatilidade da situación vai marcar as medidas, e depende todo de como afecte ao resto de Europa e o que pase en EEUU. Por iso como di José Antonio Zan “e unha situación que o tempo dirá como evoluciona. Todas as análises están variando a diario”.