Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Asociación Cultural Islámica de Burela donou alimentos ao Concello

Por 27 Abril, 2020Sin comentarios

A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, agradece a doazón de alimentos realizada pola Asociación Cultural Islámica de Burela ao Concello. A maioría da mercancía irá destinada a familias con bebés e menores de tres anos que se atopan en situación de vulnerabilidade.

A edil burelesa contou que “a través da traballadora social do Centro de Saúde, coa que mantemos relación directa o equipo de Servizos Sociais do Concello, o responsable da Asociación Cultural Islámica de Burela, Omar Choraifi, interesouse para poñerse en contacto con nós e poder así facer unha doazón daquelo que precisaramos”.

Carmela López dixo que “esta Asociación fixo unha doazón moi importante de alimentos e produtos para os máis pequenos, entre os que se atopan fariña, arroz, pasta, galletas, pañais, potitos, toalliñas para bebés, leite de continuidade, aceite, legumes, etc…”.

A concelleira de Servizos Sociais indicou que “esta mercancía irá destinada a familias en situación de risco que teñen bebés e menores de tres anos. Nestes momentos estamos atendendo 15 casos (5 bebés e 10 nenos de 2 anos) aos que estamos axudando para que non lles falte de nada. Estas familias contarán con pañais, potitos, cereais… e os outros alimentos desta doazón: aceite, pasta ou legumes repartiranse entre as familias máis desfavorecidas do noso pobo”.

Carmela López agradece a solidariedade da Asociación Cultural Islámica de Burela: “quero darlle as grazas infinitas a Omar e aos asociados deste colectivo do noso pobo. Cando todo isto pase, coñecerémonos e darémoslles as grazas persoalmente. Sinto emoción pola cantidade de accións solidarias e desinteresadas que esperta esta situación”.