Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Viveiro recibe 4.000 novas máscaras da Deputación

Por 27 Abril, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro destinará as 4.000 máscaras entregadas por parte da Deputación Provincial de Lugo tanto ao persoal municipal como a todos os veciños e veciñas que Viveiro que teñan que realizar xestións nas dependencias municipais, para que poidan acceder as instalacións con tranquilidade e seguridade.

A decisión tomouse tendo en conta que é necesario prepararse para o momento no que remate o confinamento actual e poidan reabrirse as instalación municipais, co obxectivo de que a súa reapertura poida realizarse con todas as garantías de seguridade e protección.

Por outra parte, o Concello agradece á iniciativa solidaria posta en marcha para a confección de máscaras e á gran labor dos voluntarios e voluntarias que se sumaron a o proxecto, así como de todas aquelas persoas que doaron o material necesario ou que se encargaron da súa distribución, o Concello repartiu xa cerca de 7.000 unidades, que se entregaron nas residencias de maiores, no centro de saúde, nas gasolineras, nos establecementos comerciais e entre os grupos de risco e nenos e nenas que precisaban saír á rúa.

Ademais, destina todo o material que semanalmente recibe da Xunta de Galicia en cubrir as necesidades propias do persoal municipal (Policía Local, Protección Civil, Xardinaría…) e, na medida do posible, colabórase coas residencias e co centro de saúde.