Axencia de colocación

O artesán Rubén Carrera estivo ofrecendo un obradoiro online de empalletado

O artesán palleteiro, Rubén Carrera, que reside en Mondoñedo, estivo ofrecendo un obradoiro on line de empalletado durante este tempo de illamento.

Neste obradoiro participaron máis de 50 persoas de países como Arxentina, Brasil, Mexico, Estados Unidos, Portugal, Francia e tamén de comunidades como Baleares, Cataluña,Valencia, Aragón, Euskadi, Madrid, Castela León e Galicia.

Esta actividade didáctica sobre empalletado foi unha opotunidade para compartir experiencias no eido do mundo da gaita.

Etiquetas