Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Cervo agradece as doazóns de material de protección fronte ao coronavirus

Por 28 Abril, 2020Sin comentarios

O Concello de Cervo agradece ás Administracións públicas, ás persoas voluntarias e ás entidades privadas a doazón de todo tipo de material de protección fronte ao coronavirus.

En concreto desde o inicio da crise sanitaria, a Xunta de Galicia fixo chegar 4800 luvas, 4368 máscaras, ademais de traxes buzo, batas, pantallas de protección ocular e xeles hidroalcohólicos; que foron distribuídos entre o persoal de Servizos Sociais do Concello, o servizo de emerxencias municipal, o Centro de Día Residencia e a unidade residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, ubicada na zona da Bidueira, en Cervo. As entregas de material teñen lugar cada semana desde o pasado 24 de marzo

Pola súa banda, a Deputación provincial achegou ao Concello de Cervo unha primeira remesa de material que contén 1300 máscaras que serán distribuídas, en función das necesidades, entre as auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar.

Desde a Administración local tamén queren lembrar especialmente o labor desinteresado de veciños e veciñas que se prestaron voluntarios para tecer coas súas mans e cos seus medios centos de cubrebocas que foron entregadas durante a fin de semana naqueles domicilio con menores de entre 3 e 14 anos.