Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os centros educativos de Cervo celebrarán o Día da Educación Fisica

Por 28 Abril, 2020Sin comentarios

Os centros educativos de Cervo celebrarán mañá o Día da Educación Fisica cuns Xogos Olimpicos da Mariña desde a Casa.

Os profesores desta disciplina de once centros da Mariña, entre os que se atopan o CEIP Península da Paz e o CEIP de Cervo, propoñen un divertido reto, no que animan ao seu alumnado a cambiar o C de Calle polo C de Casa.

Para participar haberá que construir un facho similar ao que amosan os profesores no vídeo e facer unha gravación practicando un deporte olímpico, e si se pode implicando aos membros da familia.

No vídeo https://www.youtube.com/watch?v=k_FX14MSJcY&feature=youtu.be  están lanzando o desafío e para aceptalo haberá que coller o relevo da antorcha olímpica. Así, o inicio do vídeo debe ser recollendo o facho, que ten que entrar pola dereita, e debe finalizar lanzándoo pola esquerda.

O vídeo non durará máis de 15 segundos e gravarase en horizontal e haberá que envialo ao profesor antes do domingo 3 de maio.

Para máis información achégovos o teléfono de Luis Escolar, profesor de Educación Física no CEIP Península da Paz 687 85 43 77.