Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Via Alfoz descontento co sistema de reparto de máscaras

Por 28 Abril, 2020Sin comentarios

Nas últimas datas, moitos foron os anuncios de diferentes administracións respecto ao reparto de máscaras entre a poboación. Desde Via Alfoz consideran que “non se debera facer política co reparto de máscaras” reprobando o afán propagandístico que existe desde as diferentes administracións e indicando que “sería despreciable que se pensase mais nos réditos políticos que na saúde das persoas” e nese sentido tenden a man a apoiar e colaborar con calquera iniciativa “veña de onde veña”.

Respecto ao reparto de máscaras que se realizará en Alfoz entre empresas e autónomos, consideran que a medida se debería estender a toda a poboación en xeral, polo que esperan que se volvan a convocar sesións plenarias nas que poder levar a iniciativa. Desde a Dirección Executiva de Via consideran que “algúns colectivos e industrias xa recibiron máscaras por outros medios, mentres que o resto da poboación apenas ten acceso a elas pola falta de subministro nas farmacias”. Co reparto de máscaras a toda a poboación tamén queren evitar que “se caia na tentación de repartilas de xeito discrecional”.

Desde Via Alfoz agradecen, por outra parte, o honorable traballo, “na sombra e sen propaganda”, de varios voluntarios e voluntarias alfocenses que levan a cabo varias iniciativas solidarias fabricando máscaras e pantallas para diferentes colectivos.