Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Cervo fixo un cento de entregas de material educativo impreso

Por 29 Abril, 2020Sin comentarios

O Concello de Cervo realizou un cento de entregas de material didáctico a domicilio desde o inicio da crise sanitaria.

O servizo “Imprimimos por ti” púxose en marcha, a través da delegación de Educación e en colaboración co CEIP Península da Paz, co CEIP de Cervo e con IES Marqués de Sargadelos, a comezos deste mes de abril.

Tal e como explican, constatamos un incremento da demanda importante e constante desde a primeira semana, na que chegamos a unha vintena de mozos, ata hoxe, que contabilizamos un cento de impresións que a Policía Local xa achegou a cada fogar que o solicitou.

Recordan que as familias interesadas poden contactar co equipo docente do seu centro de ensino ou directamente co Concello a través do correo dinamización@concellodecervo.com ou do teléfono 691 656 600. Este servizo está dispoñible tamén para rapaces e rapazas de ensinanzas de FP ou universitarios/as que o precise.

Ademais do material impreso que demandou o alumnado, o persoal municipal tamén achegou nestes días aos domicilios libros de texto que quedaron nos centros educativos cando se decretou o estado do alarma, e traballos propostos polo profesorado dos diferentes centros para que o alumnado realice nestes días de corentena desde a casa.

Por outra banda, en coordinación coa dirección do centros, tamén se facilitou conexión a internet e medios tecnolóxicos a aquelas familias máis vulnerables que o precisaron.