Skip to main content
ActualidadeO ValadouroSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello do Valadouro axuda aos estudantes con material impreso

Por 29 Abril, 2020Maio 5th, 2020Sin comentarios

O Concello do Valadouro, colabora co C.E.I.P Santa María de Ferreira e co IES Alfoz-Valadouro para facer máis doado que todos os estudantes dispoñan dos mesmos medios.

O reparto de tarefas impresas para os máis pequenos, ou o préstamo de equipos informáticos, son algunhas das accións que o Concello está a levar a cabo.

Deste xeito se algún alumno que curse algunha ensinanza regrada fora do noso municipio (Bacharelato, Formación Profesional ou Universitaria) se atopa con algunha dificultade na que o Concello teña a posibilidade de axudarlle, pode poñerse en contacto no 982 574 000, de luns a venres de 9 a 14 horas.