A asociación Xinetes de Remourelle cancela a celebración da X Ruta Cabalar

A asociación Xinetes de Remourelle de Ribadeo resolveu cancelar a celebración da X Ruta Cabalar de Remourelle prevista para o vindeiro 2 de maio.

A prohibición dos eventos polo Covid-19 estenderase no tempo, facendo que as datas sexan poucas para a celebración de todas as rutas, sendo moi complicado o encaixe dos eventos aprazados.

Por esa razón, non se replanificará este ano o día da ruta, e así non perxudicar a posible celebración doutras rutas que puideran estar xa planificadas.

Etiquetas