Skip to main content
AMARIÑAXA

Procedemento especial e sumario para a resolución de cuestións relativas ao dereito de familia

Por 30 Abril, 2020Sin comentarios

Por Díaz & Abad Abogados

O 29  de abril, saiu publicado no BOE, o Real Decreto Lei 16/2020 de 28 de abril sobre medidas procesais e organizativas para facer frente ao COVID-19 no ámbito da Administración de Xustiza.

Este decreto, nos seus artigos 3, 4 e 5 regula un procedemento ex novo dirixido fundamentalmente a tres pilares básicos de actuación no dereito de familia,  sendo o primero deles  o restablecemento  do equilibrio no reximen de visitas  ou custodia compartida cando un dos proxenitores non puido cumprir coas suas obrigas paterno filiais como consecuencia  das medidas adoptadas polo goberno e as demais autoridades sanitarias impostas para evitar a propagación e contaxio do COVID-19. 

O segundo e tercero aspecto que regula este decreto refirese  as prestacions económicas impostas por sentenza, concretamente pensión de alimentos entre proxenitores  e fillos, ou entre parentes, e pensions compensatorias entre conxuxes,  que,  a causa desta situación de emerxencia sanitaria derivada do COVID-19 variaron sustancialmente a sua situación económica.

A persoa que este incursa nalgún destes supostos, podera pedir  xudicialmente mediante demanda a incoación deste novo procedemento, que acorta os prazos, sendo máis áxil, xa que incluso as sentenzas se poden dictar e adquiren  firmeza no mesmo momento do seu pronunciamento polo xuiz, despois de finalizada a vista se as partes están de acordo en non recurrir dicho pronunciamento.

Así os padres que non poideron ver os seus fillos durante o confinamento, podrá restablecer a normalidade  do  seu reximen de visitas o na custodia compartida e aquellas persoas que por esta situación de emerxencia sanitaria  vexan afectados sustancialmente os seus ingresos económicos e non poidan facer frente ao pago de prestación alimentacia ou compensatoria total ou parcialmente poderan instar  a modificación desa obriga mediante este procedemento presentando coa demanda simplemente como proba documental  o certificado de desempleo donde figure a  cuantía mensual  percibida ou no caso dos traballadores por conta propia o certificado da AEAT  sobre a base da declaración de cese de actividades ou disminución de ingresos .

Con este procedemento intentase dar solución aos problemas mais acusados e importantes no ámbito familiar, fomentando o acordo e sua homologación xudicial primando o interés superior do menor.