Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Avanzan as obras do Plan Marco de Camiños no Concello de Mondoñedo

Avanzan as obras do Plan Marco de Camiños no Concello de Mondoñedo e que no caso do rural do municipio conta cun orzamento para este ano de preto de 70.000 euros.

Concretamente, as obras avanzan a bo ritmo na parroquia de Couboeira, coa mellora de dúas camiños: A Franca e Os Lamegos. En ambos casos, as planificacións deses traballos foron coordinadas coa Asociación de Veciños de de Couboeira.

Tamén estiveron facendo traballos en Oirán coa actuación en dous camiños no Pouso e Centeás, onde as planificacións foron coordinadas coa Asociación de Veciños de Oirán.