Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Doce concellos da Mariña poderán saír á rúa sen restricións horarias

Os veciños de 200 concellos galegos non terán as limitacións establecidas polo Goberno por ter menos de 5.000 habitantes.

O Goberno decidiu establecer franxas horarias para ordenar o inicio da actividade deportiva individual incluída dentro das medidas de alivio da crise do coronavirus, que poderá realizarse das 06 ás 10.00 horas e das 20.00 ás 23.00 horas.

Así, casi a totalidade de concellos da Mariña lucense conta con menos de 5.000 veciños polo que tan so Burela, Foz, Ribadeo e Viveiro son os afectados nesta limitación horaria.

Por outra banda os concellos con accesos ás praias contan con areais moi extensos na súa maioría, por iso nas saídas dos nenos ou para facer deporte e dar paseos os veciños que se atopen a menos dun quilómetro da praia poderán desfrutar dela.

HABITANTES POR CONCELO

A Pontenova 2.264

Alfoz 1.688

Barreiros 2.934

Burela 9.588

Cervo 4.227

Foz 9.980

Lourenzá 2.140

Mondoñedo 3.568

O Valadouro 1.991

O Vicedo 1.675

Ourol 1.1018

Ribadeo 9.854

Riotorto 1.262

Trabada 1.118

Viveiro 15.466

Xove 3.273