Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Testemuñas da pandemia: Docklands Academy

A academia de inglés Docklands Academy de Foz valora como auténtico desastre a suspensión da actividade.

“O estado de alarma tivo un impacto inmediato cunha pérdida do 100% dos clientes. Ao igual que a maioría das empresas, non estabamos preparados para unha situación como esta”.

No seu caso a maioría da súa actividade levábase a cabo cara a cara, así que tiveron que facer un cambio radical para poder ofrecer algún tipo de continuidade.

“Para nós, iso significou buscar e atopar unha plataforma adecuada para impartir clases en liña”

O profesorado que estaba traballando na academia durante o curso tiveron que, desafortunadamente, tomar unha ruta de tipo Erte.

Según a dirección da academia “espero que poidamos regresar ás aulas e ao desempeño habitual da actividade a principios de maio. Se se adiara máis aló, isto tería unha importante repercusión”.

Para eles desde o punto de vista empresarial si sería posible recuperar durante os meses de verán as clases perdidas, pero todo dependerá da vontade e disposición dos clientes.

Entenden que o máis importante agora mesmo é a saúde e o benestar da cidadanía. “Para min, isto preséntaseme como unha época particularmente difícil pero a miña maior preocupación é o que acontecerá ante a inevitable recesión económica que se nos presentará despois do período de confinamento”.

Como autónomo e propietario dunha academia de idiomas, Mike ve que apenas hai protección para o seu sector e sendo sincero “non sei que podería facer o Goberno respectando uns parámetros ecuánimes e xustos para a economía a escala nacional pero accións como atrasar o pago das taxas e impostos da Seguridade Social ata que poidamos volver ao traballo ou ofrecer algunha protección contra o aumento de débedas empresariais, como os gastos de aluguer e servizos, sería ideal tanto como unha subvención ou préstamo sen intereses. A mellor maneira de axudar a alguén coma min sería darme a posibilidade de volver ao meu traballo”.

Hai risco de que as consecuencias vaian máis alá do medio prazo, pero é imposible predicir o nivel de dificultade ao que en realidade teranse que enfrontar. ”Trátase de confiar en que o Goberno facilitará o regreso á vida normal tan pronto como sexa posible. Sempre haberá necesidade de educación, pero non quere dicir que a xente vaia poder permitirse facer fronte a gastos deste tipo”.