Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O BNG apoia e traslada as reividicacións dos traballadores das auxiliares de Alcoa

O BNG da Mariña amosa  o seu apoio e solidaridade a todos os traballadoros da factoría de Alcoa en San Cibrao, e especialmente os das empresas auxiliares, despois de que por parte da dirección de Alcoa se anunciase o recorte das tarefas de rebrascaxe e reparación de  maquinaria de electrolise, o que suporía perder entre 6 e 7 cubas mensuais. Esto significaría a perda de 50 postos de traballo en empresas auxiliares, empresas que suponen na práctica o 50% do total de empregados que traballan na factoría de San Cibrao.

Desde o BNG , e según afirmou a súa responsable comarcal Ana Ermida, que en días pasados mantivo unha reunión telemática coa Plataforma de Auxiliares así coma co comité de empresa de Alcoa na que tamén participaron Olalla Rodil e Ana Pontón, “a actitude do PP na Xunta negándose a reclamar a Alcoa que manteña a reparación de cubas tal como dixo o conselleiro Conde, amosa claramente a nula preocupación desta xente pola delicada situación que se está a vivir na Mariña, donde o desemprego avanza e sen que desde a Xunta se adopte ningunha medida ou solución dedicándose únicamente a botarlle as culpas ao goberno central”.

O BNG trasladará  tamén estas demandas ao Pleno da Deputación

A deputada provincial mariñá Mónica Freire tamén se pronunciou ao respecto manifestando a súa preocupación polo que está a acontecer na factoría de San Cibrao, e o perigo que para a comarca supón  a perda de emprego nese importante enclave industrial cuxa activdade vén supoñendo un terzo do PIB da provincia, pero que nesta situación de crise polo Covid19 pode supoñer agora realmente un 50% ao estar parada a maioría da actividade economica na provincia.

“Levaremos estas demandas ao Pleno da Deputación agardando que o apoio a estes traballadores sexa unánime”, afirmou.