Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O BNG realizará conferencias en aberto cos veciños de Viveiro

Desde marzo, o BNG de Viveiro vén demandando que se realicen mesas técnicas desde o Concello con traballadores e autonomos para artellar solucións ante esta crise.

No BNG ven imprescindible escoitar á veciñanza incluíndo” todas as realidades, autónomas, traballadoras, estudiantes…de todos os ámbitos, agrogandeiro, forestal, pesca, cultural, deportivos… Escoitar o voso caso particular para así poder deseñar medidas que abarquen a todos os sectores”, din dende Viveiro.

“Todas as propostas que nos trasladedes incorporarémolas no documento que estamos elaborando para presentar cando se debatan en pleno os orzamentos do 2020. É por isto polo que recuperamos os nosos encontros “Cóntallo ti á concelleira do BNG”, pero en modo confinamento, así que realiceremos videoconferencias abertas para todas as que queirades simplemente falar con nós”, engaden.

Comezará este venres 8 ás 18.00 horas e para acceder á videoconferencia é tan sinxelo como entra no seguinte link https://meet.jit.si/BNGcontallotivenres8