Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Por Viveiro e PSOE firman un acordo para a aprobación duns orzamentos de emerxencia

Os autónomos de Viveiro terán unha axuda despois do estado de alarma e poidan renovar a súa actividade, así o manifestou o o Concello de Viveiro. O Goberno municipal abonaralles as tres primeiras cotas de autómono, 283,31 euros mensuais, para o que destinará 400.000 euros.

Trátase dunha das once medidas do plan de reactivación económica que presentou María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, e o portavoz de Por Viveiro, Bernardo Fraga. Tras varias reunións ambos partidos chegaron a acordos sobre as actuacións que son viables económicamente e xurídicamente, e polo tanto levaranse a práctica.

Outra das medidas que acordaron é a bonificación das taxas das terrazas e no caso de que Portos de Galicia non exima de pagar as taxas, tamén as compensará aos titulares.

No tocante aos aspectos sociais, aumentarase a colaboración coas asociación de comerciantes cunha subvención para que poidan realizar novas campañas. Para todo isto, deberán aprobarse uns orzamentos municipais de emerxencia que Loureiro e Fraga cren que poderá facerse en maio.

A aposta do Goberno local e facer uns orzamentos moi sociais en 2021 e 2022. Loureiro dixo que pode implicar non poder executar algunhas outras actuacións, que se soen contemplar nos orzamentos.

MEDIDAS

1. Aprobación dos orzamentos municipais de emerxencia no mes de maio.

2. Incremento da partida económica para emerxencia social. Como garantía de atender a todas as familias en situación de vulnerabilidade. Dotación económica: 30.000 euros.

3. Axudas a autónomos en situación de vulnerabilidade. Abono das tres primeiras cotas de autónomo desde o reinicio da actividade, por importe da cota mínima de 283,31 euros. Co obxectivo de manter os postos de traballo e reactivar a economía local, concederase unha axuda a todos os autónomos do municipio en situación de cesamento de actividade. Crearanse unhas bases xustificativas para obter a axuda. Dotación económica: 400.000 euros.

4. Incremento das axudas directas ás asociacións de comerciantes para a realización de campañas de activación do comercio local, así como para a dotación de plataformas de venda online. Dotación económica total: 15.000 euros.

5. Campañas de activación do comercio propias realizadas polo Concello de Viveiro, co fin de apoiar ao resto de comercios e locais de hostalería non incluídos nas asociacións. Dotación económica: 15.000 euros.

6. Bonificación da taxa por ocupación de vía pública de todas as terrazas de veladores do Concello de Viveiro, en chan municipal, ou abono de axuda directa para o pago da taxa, no caso de existir, por parte doutras administracións públicas. Dotación económica: 40.000 euros.

7. Subministración de medios de seguridade para a apertura dos locais. Dotación de luvas, máscaras e xeles, por imperativo legal, se así o necesitasen.

8. Anulación das taxas dos mercados, tanto da praza Maior como do Corte Inglés.

9. Facilidades de pago dos impostos municipais:-Fraccionamento da cobranza do IBI en tres pagos espaciados no tempo.-Atención individualizada en función da situación económica de cada contribuínte.

10. Manter o servizo de impresión escolar para persoas en situación de vulnerabilidade durante o curso 2020-2021.11. Campaña de incremento do voluntariado municipal. Persoas das que botar man en caso de necesidades presentes ou futuras, de atención a persoas en situación de vulnerabilidade. As distintas axudas de articularán de diferentes formas, mediante subvencións por exemplo, para evitar ter que modificar ordenanzas, o que requiriría unha longa tramitación.