Skip to main content
ActualidadeO ValadouroSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Santo Tomei de Recaré do Valadouro aprobou o proxecto de ordenación forestal

O monte veciñal en man común de Santo Tomei de Recaré atópase no Concello de O Valadouro aprobou o seu proxecto de ordenación forestal.

A aprobación do plan supón unha superficie ordenada aproximada de 323 ha, das cales 159 ha están incluídas na ZEC Serra do Xistral da Rede Natura 2000.

Albergará unha superficie de 116 ha de hábitats prioritarios deste espazo natural.

Este proxecto integra o modelo de xestión de conservación dos hábitats en sintonía coa produción sostible, e desde Life in Common Land agradecen a implicación da comunidade de montes.