Axencia de colocación

O Concello de Viveiro instala mamparas nos servizos municipais de atención ao público

O Concello de Viveiro comezou a instalación nas dependencias municipais de barreiras de protección entre os traballadores e os usuarios, tras a aprobación do Protocolo de reincorporación presencial aos postos de traballo.

A día de hoxe xa están colocadas mamparas de metracrilato nalgunhas das oficinas con atención ao público da casa do concello, estanse instalando nas demais oficinas con atención ao público e estanse a realizar as medicións oportunas para a prepararación e instalación deste tipo de elementos nos demais centros de traballo, como no caso da Biblioteca Municipal, Conservatorio Profesional de Música ou Centro de Servizos Sociais.

Con estas medidas, o Concello de Viveiro prepara as súas instalacións para que a reincorporación presencial ao traballo se poida realizar con todas as garantías e seguridade, tanto para os propios traballadores como para os veciños e veciñas que acudan aos mesmos.

Etiquetas