Skip to main content
ActualidadeO ValadouroSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello do Valadouro adquiriu 4.000 máscaras e 15 xeradores de ozono

Por 8 Maio, 2020Maio 9th, 2020Sin comentarios

O Concello do Valadouro comunicou que a vindeira semana, se os prazos seguen a súa normalidade, recibirás as 4000 máscaras adquiridas. Por tanto, esperan que na próxima semana todos os veciños as reciban nos seus domicilios habituais.

Tamén a Deputación de Lugo ás 600 máscaras xa entregadas sumase un segundo envio doutras 800 unidades facendo un total de 1400, dentro desta segunda entrega dispoñeremos de máscaras adaptadas para os menores de 14 anos. Da mesma forma estas máscaras tamén serán enviadas aos veciños do Valadouro.

A estas entregas tamén temos que sumar os envíos periódicos feitos pola Xunta de Galicia dende que comezou a Alerta Sanitaria, que suman un total de 1100 máscaras, das cales fan uso os traballadores municipais para desempeñar as súas funcións habituais.

A Subdelación do Goberno en Lugo, tamén nos comunicou unha próxima entrega de material de protección que estamos pendentes de recibir nos próximos días.

Co fin de axudar ao comercio local, o Concello do Valadouro tamén vén de adquirir 15 xeradores de ozono, en canto se reciban, serán postos mediante un calendario de prestamos ao dispor dos comerciantes que os soliciten para que poidan proceder de forma mais cómoda á desinfección dos seus locais.