Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O alcalde de Burela asegura que a mancha que apareceu na costa non procede da Edar

O alcalde, Alfredo Llano, asegura que a mancha que apareceu nas últimas horas fronte á costa burelesa non foi ocasionada pola Edar. O rexedor indica que se está a investigar a súa procedencia, pero podería estar ocasionada pola mortalidade natural dalgunha especie de alga ou incluso de peixe. Llano agradece o traballo realizado polo Seprona e pola Garda Civil.

O alcalde declarou que “estes días tivemos todos a preocupación dunhas manchas que apareceron na nosa costa, aquí moi preto. Concretamente apareceu unha mancha indefinida, que non soubemos moi ben de que era, no porto, despois na praia do Penoural, na de Ril, máis alá da praia da Marosa e tamén no concello de Cervo”.

Llano explicou que “era unha mancha que, en principio, algún veciño preguntábamos se era do mal funcionamento da Edar. Pois teño que dicir que non é da Edar. Hai que recoñecer o traballo que estiveron facendo tanto o Seprona como a Garda Civil para determinar a natureza desta mancha”.

O rexedor engadiu que “parece ser, hai que contrastalo, estase analizando, que ven derivado dun equivalente a unha marea roxa, ou é algún peixe, unha degradación ou unha mortalidade derivada dalgunha circunstancia natural ou tamén poden ser restos de algas”.

Alfredo Llano dixo que “se está mirando, pero dicimos isto para que se a xente ve estas manchas, que aínda seguen nas nosas costas, que saiba que pode ser dalgunha destas cuestións. Non é un problema derivado do funcionamento da Edar senón que é dalgunha outra cousa, que tamén é preocupante, pero imos ver ata onde se pode determinar en que están fundamentadas estas manchas”.