Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O PP burelés denuncia a existencia de dous servizos municipais con contratos vencidos

Por 10 Maio, 2020Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular de Burela esixe a Alfredo Llano que “explique cales son os motivos reais que o moven a incrementar en 156.000 €/ano o recibo da recollida de lixo e limpeza viaria, porque os argumentos de que a empresa que na actualidade presta o servizo pode abandonalo, ou de que o servizo está en precario, non nos serven, vendo o que acontece cos servicios de axuda no fogar a dependentes e no da limpeza das dependencias de competencia municipal. Llano pretende que o servizo de recollida de lixo e limpeza viaria pase, de adxudicarse, duns 660.000 €/ano a uns 816.000 €/ano, o que supón unha suba de preto do 24%”.

LIMPEZA  DE DEPENDENCIAS MUNICIPAIS

O portavoz popular, Manuel Rouco, asegura que “o servizo de limpeza das dependencias municipais (colexios, escolas infantís, locais do Concello), adxudicouse pola Xunta de Goberno Local o 4 de decembro de 2015 por un período de dous anos, rematando o contrato a finais de 2017; co que, aínda figurando dous anos de prórroga, tiña que saír de novo a concurso a principios de 2020. Ao alcalde semella non importarlle este servizo, xa que do novo concurso non se sabe absolutamente nada. O importe deste servizo, que conta cunha ducia de traballadoras, é de 427.000 €/ano.”

SERVICIO DE AXUDA NO FOGAR

Rouco considera “moito máis grave a situación do servicio de axuda no fogar (SAF), na súa modalidade de dependencia. Este contrato, con vixencia de dous anos e sen posibilidade de prórroga, leva vencido dende decembro de 2018. Este servicio foi contratado, logo de terse levado a cabo o correspondente concurso, con data de 2 de decembro de 2016, e ten un importe de 333.000 €/ano. Ao igual que acontece co anterior servizo, este tampouco semella importarlle moito ao alcalde, dado que nada se coñece da nova licitación, pode que debido ao baixo custo que ten, comparado co da recollida de lixo”.

Manuel Rouco considera lamentables as escusas de Llano. Declarou: “Se a empresa da limpeza pode irse e deixar plantado ao concello, tamén o poden facer as que prestan os servizos de SAF e limpeza de dependencias municipais. E vemos como alcalde só está preocupado polo servizo de recollida de lixo, algo que non deixa de chamar a atención”.