Skip to main content
Actualidade

Poñen en marcha un dispositivo para repartir entre os escolares os libros que quedaron nos centros

Finalmente e tras moitas peticións e iniciativas propias dos colexios da provincia, a Xunta acordou a posta en marcha dun dispositivo para que os colexios da provincia inicien o reparto de libros e outro material escolar para aquelas familias que, con motivo da declaración do estado de alarma, non puideron achegarse ao seu centro e recuperalo.

Serán axentes medioambientais voluntarios os encargados de achegar este material aos domicilios das alumas e alumnos. Para interesarse por esta fórmula as familias terán que contactar telefonicamente cos seus centros para coordinar a recollida e reparto.

Deste xeito todo o alumnado que segue as clases a distancia pode recuperar o seu material de estudo evitando que as familias teñan que desprazarse ata os centros educativos.

A iniciativa porase en marcha en todos os municipios da provincia. Algúns colexios da provincia xa efectuaron este reparto e noutros municipios colaborou na súa distribución persoal municipal ou de emerxencias.