Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Colectivos de Burela, activos durante a pandemia

Por 11 Maio, 2020Sin comentarios

Dende o 16 de marzo os profesionais dos Centros da Fundación Eu Son de Burela están a realizar as súas función na modalidade de teletraballo con algunhas excepcións (monitor de horticultura e dirección que acoden, con permiso, ao centro puntualmente).

Como os decretos e as Instrucións da Xunta de Galicia determinan, son centros que non están pechados senón que prestan un servizo non presencial.

As actividades que o equipo de profesionais está a realizar son dirixidos a familias usuarias e o nivel de actividade e implicación non baixou, aínda que o traballo tivo que facerse mediante a comunicación por WhatsApp, videochamadas, atención telefónica, mensaxería…

Dentro das actividades que seguen a facer son a orientación para o traballo con usuarios tanto a nivel xeral como individual, información de seminarios, cursos, actividades que poden realizarse a través de plataformas dixitais ofertadas por distintos organismos e as actividades de Estimulación Cognitiva.

Tamén facilitan a participación de usuarios en proxectos nos que estaban a traballar a nivel autonómico, teñen servizo de apoio e orientación a familias e dan información, solicitude e seguimento de actividades en activo como os campamentos de verán.

No servizo de Atención Temperá tamén continuaron co traballo establecendo contacto con todas as familias co obxectivo de cancelar sesións e resolver as dúbidas inmediatas que ían xurdindo, fan coordinacións con outras Unidades para ver os modelos de traballo.

Ademais tiveron que reorganizar as sesións para dar apoio por vía telemática dentro das posibildades que ofrecen os recursos cos que se contaban e empregando en moitos casos incluso recursos personais.

A Unidade de Atención a Drogodependientes tamén estivo facendo un gran labor durante a crise xa que no seu caso tiveron que estar traballando cun sector da poboación perxudicado pola crise sanitaria.