Skip to main content
ActualidadeOurolSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Ourol contará en xuño cun parque eólico

Por 11 Maio, 2020Sin comentarios

O Concello de Ourol contará en xuño cun novo parque eólico, así o comunicou a empresa Greenalia.

Este parque conta cunha potencia instalada de 22,5 megawatts e poderán comezar a verter os seus primeiros MWh coa entrada do verán.

Este parque eólico contou cun investimento de 26 millóns de euros e xa ten rematada a súa obra civil e atópase na fase de montaxes dos aeroxeradores cun total de cinco máquinas cun rotor de 136 metros.

Durante a fase de construción mobilizáronse un total de 230 empregose unha vez estea a pleno rendemento producirá 65.300 MWh ao ano.