Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Foz retoma a recollida do cartón porta a porta

Por 12 Maio, 2020Sin comentarios

O Concello de Foz retoma a recollida do cartón porta a porta.

Este servizo realizarase cada martes e venres ás 10 horas aos comercios e establecementos dados de alta.

Para darse de alta no servizo deberá presentarse solicitude a medioambiente@concellodefoz.es, incluindo nome do establecemento, persoa e número teléfono contacto.

As condicións do servizo son que nas datas e hora previstas, o cartón deberá estar preparado para a recollida na porta do establecemento, pregado e atado con cordel en fardos pequenos e manexables e sempre que pese menos de 10 Kg.

Os fardos de cartón conterán unicamente cartón e/ou papel, libre de outros residuos. E se o establecemento o precisa, tamén se poderán depositar, nun fardo diferenciado, o plástico transparente provinte dos embalaxes