Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro pon en marcha o servizo de control da gaivota patiamarela

Por 13 Maio, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro pon en marcha un ano máis o servizo para o control da poboación urbana da gaivota patiamarela, que se prestará en todo o municipio. Cómpre lembrar neste sentido que Viveiro foi pioneiro na provincia de Lugo na prestación deste servizo.

O obxetivo xeral que persegue o servizo é a mellora na calidade de vida dos cidadáns de Viveiro, levando a cabo unha correcta xestión da poboación destas aves para previr e evitar o crecemento desmesurado da mesma, provocando posibles plagas e problemas de salubridade pública, ó tempo que se asegura o benestar desta especie.

Preténdese conseguir a reducción e desprazamento da poboación de gaivotas que ten colonizado o medio urbano, facendo uso do mesmo para alimentarse e colonizando os tellados para ubicar as súas zonas de cría, o que xera unha serie de problemas á veciñanza, como ruídos, malos olores, desperfectos nos tellados e, incluso, ataques a persoas.

Este servizo vense mantendo no tempo,  sendo este o segundo ano consecutivo de servizo. Na campaña anterior realizaronse 307 actuacións, accedendo a 586 tellados, nos que se retiraron 356 niños, 556 ovos e 166 polos.

O plan de actuación consistirá nun estudio poboacional inicial das gaivotas que usan o medio urbano durante a época reproductiva e da súa distribución no casco urbano. Este estudio  iniciarase este mes de maio e complementarase durante a campaña de retirada de niños, o que proporcionará unha referencia exacta do problema xerado para o concello de Viveiro.

Este servicio adaptouse á realidade do momento que nos afecta, con motivo do COVID-19  establecéndose un protocolo de seguridade específico, polo que os técnicos que visiten as edificacións afectadas acudirán provistos dos elementos de seguridade necesario, mascarillas, pantallas de protección, luvas, xeles desinfectantes, etc., co fin único de evitar algún tipo de contaxio tanto para os residentes dos edificios como para os propios traballadores.

As visitas comezarán este mes de maio e prolongaránse ata o mes de agosto, realizando un mínimo de días visitas a cada tellado afectado, para impedir o nacemento das postas. Nestas visitas os técnicos realizarán unha revisión ocular do tellado afectado e a retirada dos niños atopados, así como o seu contenido (ovos, polos…); posteriormente, realizarase o mesmo proceso cun mes de diferencia entre visitas.

Ademais dos avisos que se reciban este ano, a empresa contactará con todos os veciños e veciñas que requeriron os seus servizos na pasada campaña. Así mismo, onde detecten niños a pesares de non ter recibido aviso, intentarán contactar cos propietarios co fin de poder actuar neses tellados.

Todos estes servizos contarán coas pertinentes autorizacións da Xunta de Galicia.

Rogamos o máximo de colaboración tanto dos veciños afectados coma dos que detecten algún problema, xa que desta colaboración dependerán en gran medida os resultados do propio servicio, o que favorecerá a mellora da calidad de vida en Viveiro .

Os cidadáns que así o desexen poderán solicitar o servizo a través do seguinte teléfono e enderezo electrónico de contacto Larus Control (empresa concesionaria)- 689 838 359 ou laruscontrol@hotmail.com