Skip to main content
ActualidadeOurolSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A biblioteca de Ourol pon a disposición un servizo de fotocopias

Por 14 Maio, 2020Sin comentarios

A biblioteca de Ourol pon a disposición dos estudantes do Concello un servizo de fotocopias para os que non poidan imprimir na súa casa os deberes ou fichas que marca o seu profesorado.

Para acceder a este servizo os/as interesados/as deben mandar por correo electrónico as copias que desexen relizar e unha vez feitas o persoal porase en contacto coa persoa para que pase a recollelas. Non se fotocopiarán libros, só exercicios ou fichas de deberes.

É imprescindible que os usuarios chamen ó teléfono 982 559 019 ou no correo biblioteca@concellodeourol.es para facer uso deste servizo. Deben tamén facilitar un teléfono de contacto para comunicar a hora en que poden pasar a recoller as copias. O horario é de 9.00 a 14.00 horas