Skip to main content
ActualidadeO VicedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Novo videofaladoiros de Nordés sobre Soberanía Alimentaria e agricultura local

Por 14 Maio, 2020Sin comentarios

A seguinte convidada nos Videofaladoiros de Nordés o sábado 16 ás 19.00h horas é a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, cun relatorio que leva o título de Soberanía Alimentaria e posta en valor da agricultura local.

Segundo Isabel, a pandemia que estamos a sofrir supuxo problemas no acceso aos alimentos frescos (froitas, verduras, carne….), e a suba de prezos dos xéneros agropecuarios nos supermercados sen unha mellora nos prezos pagados aos produtores primarios. Isto pon enrriba da mesa cuestións a produción agrícola, gandeira e forestal de forma sostible e ecolóxica coa recuperación e posta en valor das variantes autóctonas, e o dereito a prezos xustos que fagan do traballo no agro unha actividade de presente e futuro, de tal xeito que sirvan para poñer en marcha iniciativas con obxectivos socioculturais ademáis dos propiamente económicos.

A Soberanía Alimentaria é un concepto que tanto abrangue aos produtores coma aos consumidores, concienciados ou por concienciar, nas ventaxas do consumo de produtos locais de calidade e pagados polo que valen, contribuíndo ao tempo a manter a vida e biodiversidade nas Terras da Faladora.

Para escoitalo pódese facer de maneira virtual é en directo empregando a plataforma Jitsi Meet, e tendo a oportunidade de plantexar cuestións ao rematar o seu faladoiro. Para este modo é preciso apuntarse antes do venres 15 de maio ás 14.00 horas enviando un email a asociacion.nordes@gmail.com ou cunha chamada ou mensaxe ao 620 417 848.

Tamén pódese participar no faladoiro a través da canle de Youtube de Nordés, con emisión en directo e en diferido no seguinte link:https://youtu.be/84uRHhQix7k