Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O alcalde de Ribadeo ofrécese a calcular o aforo dos establecementos que o descoñezan

Por 14 Maio, 2020Sin comentarios

O alcalde, Fernando Suárez, anunciou que o Concello ofrécese a calcular o aforo dos locais comerciais, bares, restaurantes e outros establecementos públicos que descoñezan ese dato. O obxectivo é que se vaian preparando para as diferentes fases da desescalada, xa que todos os locais deberán dispor, obrigatoriamente, dun cartel no seu exterior coa capacidade de aforo.

O rexedor dixo que “desde o Concello de Ribadeo co ánimo de facilitar na medida do posible a todos os negocios de Ribadeo que atenden ao público, ben sexa hostalería ou comercio, etcétera, á vista da desescalada na seguinte fase, que esperemos que sexa para dentro de poucos días, están establecidos determinados porcentaxes de aforo nos diferentes locais, para saber o porcentaxe que a cada un lle toca evidentemente ten que saber cal é o aforo”.

Suárez Barcia indicou que “é certo que nestes últimos anos no Concello de Ribadeo estámolo esixindo para alguén que abre un negocio ou unha actividade nova, pero non era así anos atrás. Polo tanto hai moitos establecementos que a día de hoxe seguro que non saben o aforo que teñen. Para facilitar isto acabamos de publicar un bando indicándolles a todos os titulares deste tipo de negocios, que necesiten saber o aforo, que nolo poden pedir a través dunha declaración responsable nun modelo estandarizado que acabamos de colgar na nosa páxina web. Poden cubrilo e mandárnolo e desde os servizos técnicos municipais lles remitiremos unha declaración firme, que terán que ter exposta dentro dos seus locais para que en función do aforo máximo permitido por lei, calculado polo Concello de Ribadeo, eles poidan ter a previsión para cando o Goberno do Estado mande. Por exemplo, que nun comercio non pode haber máis do 50 por cento do aforo, ou nun restaurante o cafetería non pode haber máis de tanto porcentaxe”.

O alcalde insistiu: “entón para calcular o aforo máximo é polo que o Concello de Ribadeo convida a todos os titulares destes negocios a que nos fagan chegar canto antes unha declaración responsable, que é unha figura legal que estamos utilizando desde hai uns anos todos os Concellos, e confiamos en que así en poucos días lles poidamos dar, con solvencia e seguridade xurídica, cal é o aforo que teñen para os seus locais comerciais”.

O Concello editou un Bando sobre este asunto.