Skip to main content
AMARIÑAXA

Alimentación e sistema inmune, dous inseparables

Por 15 Maio, 2020Sin comentarios

Por Noel López Pinín

A pesar de que a alimentación é un dos piares nos que se apoia a nosa saúde dende fai moito tempo, non foi ata a actualidade cando se comezou a estudar como a dieta pode influír sobre o sistema inmune, así como sobre a incidencia e prevalencia de certas enfermidades como a diabetes, cáncer, intolerancias ou patoloxías dixestivas como Crohn ou colites ulcerosa. Non debemos esquecer, ademáis, que a complicación mais común e inmediata da mal nutrición é a infección, producida tanto por virus como bacterias. O certo é que a nosa saúde está condicionada directamente pola alimentación, e moitos estudos demostran que una dieta equilibrada xunto coa práctica moderada de exercicio, poderían evitar moitas das enfermidades previamente  nomeadas.

Fronte a alarma socio sanitaria actual, cabe destacar polo tanto, como de importante é non sucumbir a uns malos hábitos alimenticios durante o período de confinamento e intentar comprar aqueles alimentos que si proporcionen un beneficio sobre o noso organismo

Cales son as vitaminas e minerais vinculadas o sistema inmune?

Todos os nutrientes son esencias e non podemos prescindir deles en ningunha dieta, ni sequera nas de baixada de peso. Pero si existen certos minerais e vitaminas vinculados directamente co noso sistema inmune, xa sexa por estar implicados na produción de novos anticorpos como nas vías de comunicación entre as nosas defensas e os axentes infecciosos.

A vitamina A: ten un papel fundamental para manter as nosas mucosas intactas, que son a nosa primeira barreira defensiva. Podemos atopala en lácteos enteiros, ovos, verduras de cor verde, cenorias, albaricoques, cereixas ou melocotóns. A vitamina E: aumenta a resposta inmunolóxica e predomina nos froitos secos (sempre naturais), en cereais integrais como centeo, espelta, no arroz, tamén no aceite de oliva virxe ou vexetais de folla verde. A Vitamina C, coñecida pola sua acción antioxidante e antiviral.  Abundante en alimentos como o kiwi, os pementos, cítricos, amorodos, melón, coles, en xeral en froitas e hortalizas. As Vitaminas do grupo  B: un déficit de este grupo de  vitaminas pode supoñer alteracións no sistema inmune. Atopámola en alimentos de orixe animal como a carne, peixe, ovos, mariscos e lácteos. E en menor medida en legumes, froitas e cereais integrais. A Vitamina D: o seu déficit está bastante estendido pola poboación galega, debido a falta de exposición solar, xa que é a mellor forma de obtela. En canto os alimentos nos que se atopa temos o peixe azul, ovos, lácteos, champiñóns e setas.

Ademais das vitaminas tamén son esencias os minerais como o ferro cuxo déficit afecta a multiplicación celular e polo tanto os nosos anticorpos vense reducidos. Presente maioritariamente en carnes vermellas, peixes e ovos.

Outro mineral importante é o cinc, do cal se demostrou a súa capacidade para facer fronte o COVID-19. Alimentos como o marisco, sementes de cabaza, legumes, queixos curados, peixes, ovos, cereais e froitos secos, son ricos nel.

O selenio tamén é outro mineral cunha vinculación especial o sistema inmune, xa que se demostrou que un déficit do mesmo fai que os nosos anticorpos perdan poder fronte a bacterias ou algúns tóxicos. Está presente nos mesmos alimentos que o cinc.

Ademais dos aspectos puramente alimentarios, hai una serie de medidas hixienicodietéticas, cuxa influencia sobre a nosa saúde inmunitaria se demostrou cientificamente, como é o caso da práctica de exercicio moderado, un correcto descanso e una boa hidratación.

Outro factor crucial para melloralo noso sistema inmune é reducilo estrés, si si, o estrés!!  O estrés influe negativamente xa que merma as nosas defensas.

Que  hábitos debemos mellorar na nosa vida?

Si incoporamos estos hábitos a nosa calidade de vida vai mellorar, eso seguro. Entre eles alimentarnos de forma saudable, facer exercicio, manter unha correcta hidratación, respetar as horas de sono e desfrutar da vida e dos seres que nos rodean.

Grazas un mes mais por leerme e espero que vos sirva de axuda o artigo.