Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O BNG pregunta ao goberno do PSOE cando se reabrirán as fontes públicas de Viveiro

Por 15 Maio, 2020Xuño 2nd, 2020Sin comentarios

O pasado 6 de abril, o Goberno Municipal do PSOE de Viveiro optou por seguir unha das indicacións do Goberno Estatal nas que recomendaba, deixando en mans dos concellos, a posibilidade de precintar as fontes de auga públicas por seren un posíbel foco de contaxio, máis en concreto polas súas superficies que poidan estar en contacto tales como as billas.

Desde o BNG de Viveiro “cremos que esta medida de precintar as fontes públicas foi unha medida pouco estudada polo Goberno de María Loureiro, sen nen sequera diferenciar entre as fontes que necesitan de contacto para o suministro de auga, ben sexa billa ou pulsador, das que teñen un paso continuo de auga que polo tanto, non precisan de contacto para suministrar a auga sendo inexistente o risco de contaxio cunhas medidas mínimas. Por desgraza, isto non só se traduce nunha molestia para a veciñanza senón que tamén empeora a situación fronte o coronavirus, obrigando á xente a acudir aos supermercados a por un elemento básico como é a auga, onde están expostos nunha moita maior medida a um posíbel contaxio en todas as súas superficies, por non falar do incremento nas concentracións de xente”.

Ao BNG chegaron múltiples testimonios dos veciños na liña do detallado anteriormente, quen lles preguntan reitaradamente cando se procederá á reapertura das mesmas. É por iso, que acaban de rexistrar un documento solicitando información a respecto das medidas previstas polo goberno en relación coa reapertura das fontes, do que agardan ter resposta directa, e non a través da prensa, na maior brevidade.