O sábado retómase o Mercado Semanal do Valadouro

O vindeiro sábado 16 de maio, O Valadouro retoma o Mercado Semanal, con só postos de alimentación. 

A localización non cambia, a cita desenvolverase como sempre na Praza de Santa María e no Parque Concepción Arenal, dado que só se poderán instalar postos de alimentación terán maior espazo e garántese a distancia de seguridade cuns cambios mínimos. 

Recoméndase que a permanencia en cada posto sexa o estritamente necesario para a realización das compras. 

Manteranse sempre a distancia interpersoal de 2 metros e evitaranse as aglomeracións de persoas diante dos postos. 

Non se poderán manipular os produtos dos postos, sempre serán manipulados polos vendedores. 

Os encargados dos postos deberán cumprir sempre a normativa vixente sobre o COVID-19 publicada no BOE- S-2020-130. 

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: