Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Os socialistas din que o plan de turismo da Xunta non responde ás demandas do sector

Por 15 Maio, 2020Sin comentarios

A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero demandoulle ao Delegado da Xunta na provincia de Lugo que aclare a todos os lucenses, que cuantia dos 27 millóns que anunciou para toda Galicia para impulso do turismo, corresponden á provincia de Lugo. E que impacto real deste orzamento cree que pode repercutir neste sector, vital na nosa provincia.

Otero fixo esta afirmación tras a presentación do Plan para a reactivación do turismo da Xunta, que segundo anunciaron conta cunha dotación económica de 26,8 millóns de euros. Concretamente son 10,2 millóns  para cultura, 11 millóns para turismo e outros 5,6 millóns de euros para o Xacobeo. Dixo que “a videoconferencia que mantiveron Balseiro e Nava Castro na presentación deste acto, parecía un acto de precampaña electoral. O PP esta máis preocupado pola convocatoria de eleccións que polo sector turístico”, dixo.

Así as cousas a dirixente socialista quere saber “si o Delegado da Xunta en Lugo ten datos reais de cal é a situación do sector turístico, así como do futuro inmediato deste sector?. A nós chámanos á atención que Balseiro fixese esta presentación de forma simultánea, mentres o Conselleiro de Cultura e Turismo estaba comparecendo neses intres na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia. Ten intención de ser conselleiro e por iso fixo esta actuación? Ou é a eterna directora xeral Nava Castro a que quere selo?”, preguntou.

A secretaria provincial denuncia que o plan presentado “está cheo de medidas inconcretas, e non dá resposta ao sector turístico que representa máis do 10% do PIB de Galicia ( un 10,4% segundo o propio plan). Ademais, tampouco presenta ningunha iniciativa sobre as demandas que presentou o propio sector, e non inclúe axudas directas ao sector turístico, senón propostas xeneralistas carentes dunha orientación clara”.

Cultura

No que atinxe ao mundo da Cultura constatamos a nula importancia que concede o PP a este sector. “Como é posible que ignore que o propio plan contempla 10,2 millóns de euros, o que significa o 38% para ese sector. Que mensaxe manda esa actuación?. É porque sabe que o sector cultural rexeita maioritariamente o plan, e ademais sempre criticou, incluso antes da crise,  a política cultural impulsada polo PP?.