Testemuñas da pandemia: O Petisco

A encargada da viñoteca O Petisco de Mondoñedo, Fina Seco, viuse afectada pola crise sanitaria, xa que coa suspensión da actividade “pasamos a cero ingresos e a plantilla ao completo no paro”, relata.

As perdas ata o de agora son “cuantiosas e irrecuperables a curto prazo” e coas fases da desescalada tampouco ve a luz ao final do túnel xa que “será moi complicado poder reabrir nesas condicións”

Estima  poder aguantar nesta situación pouco tempo “de feito tomáronse medidas para poder manterse durante o peche”.

Neste tempo tiveron que acollerse ao peche da actividade como medida, pero tamén cre que “deberíase voltar á normalidade canto antes con menos restrincións, ademais de ter que adaptar locais e aportar axudas económicas a fondo perdido.

Esta situación de crise “traerá consecuencias e calquera pode ver que serán graves a longo prazo”, remata Fina.

Etiquetas