Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Amplíase o horario do cemiterio municipal de Viveiro

Por 19 Maio, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas de Viveiro que se vai ampliar o horario inicialmente previsto para a apertura do cemiterio municipal, que a partir desta semana abrirá tamén os domingos, de 9:00 a 13:30 horas, para que poidan acudir ao mesmo todas aquelas persoas que traballan pola semana.

A posibilidade de ampliar a apertura do cemiterio un día máis foi tratada na última reunión de voceiros, tendo en conta que había xente que traballaba e que, co horario anterior, no podía ir. Deste xeito, o novo horario de apertura do Cemiterio Municipal de Viveiro é de luns a venres, de 9:00 a 13:30 horas, e os domingos, tamén nese mesmo horario.

Lémbrase que, en cada momento, o número de persoas no interior do cemiterio non superará o 30% do aforo e, simultaneamente, a distancia entre dúas persoas que non convivan será, cando menos, de dous metros.

Así mesmo, recoméndase o uso de mascarillas e unha minuciosa hixiene de mans. Haberá líquido desinfectante a disposición dos usuarios. Por último, lémbrase a prohibición de beber dos grifos existentes no cemiterio.