Axencia de colocación

Dez empresas optan a executar a mellora da nave de redes do peirao de Burela

Un total de dez empresas veñen de presentar as súas ofertas ao concurso público para a execución das obras de mellora da nave de redes do peirao de Burela, que promove a Consellería do Mar a través de Portos de Galicia.

O prazo para a presentación de plicas rematou onte e nas vindeiras semanas o ente público que preside Susana Lenguas convocará as mesas de contratación regulamentarias para o procedemento de adxudicación das obras, que saíron a licitación cun orzamento de 287.000 euros.

As obras en concurso teñen por obxecto a mellora, remodelación e acondicionamento da nave de redes, que conta cunha superficie de 1.100 metros cadrados. Con esta actuación eliminaranse as filtracións de auga na cuberta e na fachada do edificio e diversas deficiencias relacionadas coa instalación eléctrica, entre outras.

Portos de Galicia renovará mediante esta intervención as chapas das fachadas e a cuberta, substituirá as portas de acceso e a instalación eléctrica ao completo e saneará a estrutura mediante a limpeza, desoxidado e pintado do edificio da nave de almacenamento e reparación de redes. Ademais instalaranse un aseo e un almacén na zona central da nave.

Etiquetas