Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Foz desinfectou as instalacións dos exames para obter os carnés de conducir

Por 19 Maio, 2020Sin comentarios

O Concello de Foz realizou labores de desinfección contra o Covid-19 nas instalacións de Marzán onde fai os exames para obter os exames de conducir o alumnado das autoescolas da Mariña.

O alcalde, Fran Cajoto, explicou que “desde o Concello de Foz procedemos a desinfectar as aulas onde se fan os exames das autoescolas, coa idea de ter todo preparado para cando se reanuden estas probas e que poidamos volver á normalidade pouco a pouco e que aquela xente que queira obter o seu carné de conducir na Mariña siga facéndoo nas instalacións que hai aquí, en Foz, e que dan servizo a tantos mariñaos”.