Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXATrabadaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Trabada conta cunha aplicación de xeolocalización das vivendas

Por 20 Maio, 2020Sin comentarios

A alcaldesa de Trabada, Mayra García informa que o Concello de Trabada conta cunha aplicación de xeolocalización para ter localizadas todas as vivendas do Concello.

Esta aplicación poñerase a disposición dos empregados municipais que realizan as súas funcións fora das oficinas administrativas, dos servizos de emerxencias (061, Protección Civil de Trabada, Grupo de Emerxencias Supramunicipal de A Pontenova, Bombeiros de Barreiros) así como da Garda Civil e do persoal sanitario do Centro de Saúde de Trabada, coa finalidade de favorecer unha asistencia áxil no caso de precisarse, xa que moitas veces  no rural atópanse dificultades para atopar os lugares donde deben actúar.

En definitiva, con esta aplicación contribuímos a axilizar os tempos de resposta ante calquera incidencia, que normalmente son decisivos.