Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os socialistas apoian as reivindicacións das auxiliares de Alcoa

Por 20 Maio, 2020Sin comentarios

A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero, a alcaldesa de Viveiro e deputada Provincial, María Loureiro e o alcalde de Foz e secretario de Industria da Executiva Provincial, Francisco Cajoto mantiveron unha xuntanza de traballo cos representantes da plataforma coordinadora de empresas auxiliares de Alcoa San Cibrao, Diego Fernández e Enrique Jose Rocha. Alí Otero avanzou, o apoio do PsdeG-PSOE en favor do mantemento dos postos de traballo das auxiliares. Nesa liña remarca que representan o 50% da masa de traballadores da factoría, cun total de 1.000 empregados.

A Secretaria Provincial dixo que o PsdeG-PSOE apoiara en todos os concellos a moción presentada pola Plataforma, tras o anuncio de ERTE, a consecuencia  da decisión de ALCOA de non realizar a rebrascaxe das cubas que chega ao final da súa vida útil.

Otero advirte “que as competencias en materia industrial, tal e como recolle o artigo 30 do Estatuto de Autonomía de Galicia son da Xunta que preside Núñez Feijoo e o PP. Por iso é preciso que Feijoo exerza as súas competencias con axudas, no caso de que sexan necesarias, para a garantir a viabilidade de Alcoa”.

Así as cousas a secretaria provincial sinala que “ao longo de 2019 e o primeiro trimestre de 2020, a evolución do prezo da enerxía descendeu de xeito relevante, como resultado da estratexia enerxética posta en marcha polo Goberno de España, e tamén polos distintos cambios no mercado enerxético. Na actualidade o prezo por Kw/h é moi inferior ao que se viña demandando fai tan só uns meses pola propia empresa e pola Xunta e PP para garantir a competitividade da planta”.

“Hoxe en día a electricidade esta mais baixa que nunca, por iso non é compresible que pechen as cubas. Onde esta o señor Feijoo?. Escondido coma sempre. Só se asoma para a foto”, replicou. E proseguiu “o PP ten diante unha oportunidade única para contribuir ao mantemento do emprego en Alcoa. Non se agoche e actúe”, remarcou a dirixente socialista.

Otero explica que “actualmente o prezo da electricidade favorece a competitividade da empresa e polo tanto a súa viabilidade. O Goberno de Pedro Sánchez traballou para conseguir acadar os seus obxectivos en relación ao prezo da enerxía. Ese foi o seu compromiso cos traballadores”.

A dirixente socialista reivindica “o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa viabilidade da empresa, así como o mantemento dos postos de traballo. O Goberno de Pedro Sánchez, e dende o PsdeG-PSOE vamos a seguir traballando para conseguir a viabilidade desta empresa e un plan de viabilidade de futuro para os seus traballadores”, resumiu.