Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Testemuñas da pandemia: Pizzería Xoiña

Por 20 Maio, 2020Sin comentarios

A pizzería Xoiña de Foz tamén tivo que pechar pola crise sanitaria, “xa tivemos que pechar a primeiros de abril”, di Luis, o seu responsable. No seu caso tiveron que acollerse a un Erte e dende a segunda semana de maio puideron volver un dos cociñeiros e máis el a retomar a súa activiade co servizo a domicilio.

A crise notárona moito “afectounos bastante, deixamos de facturar case o 95%, e eso vese no negocio”, di, “non son economista pero estimo que nos quedan meses de ter perdas aínda, pero de perder o 95% a perder un 20 ou 30% hai unha diferenza asumible”.

Agora contan co servizo a domicilio que “está axudando ao negocio, aínda que a xente está reticente a este tipo de servizos agora mesmo pero o que si é que cada día nótase un pequeno incremento. Por exemplo temos uns cantos obreiros aos que lles levamos a comida ás obras, e estase vendo como a xente se está a animar día a día un pouco máis”.

As medidas por parte da Administración foron poucas e valora as actuacións do Goberno como “mellorables, xa que admito que hai cousas que se puideron facer mellor, pero tamén admito que isto foi moi novedoso para todos e ninguén sabía que facer e como actuar”.

Ata o de agora puideron ir tirando dalgún aforro e os Ertes foron unha gran axuda pero “se dan e promoven algunhas axudas a hostalaría igual que a outros sectores, que tamén están bastante perxudicados, quizais agora teñan tempo para pensar como poder axudar de verdade.