Skip to main content
Actualidade

As máscaras son obrigatorias dende hoxe en determinadas actividades

Por 21 Maio, 2020Sin comentarios

A partir de hoxe o uso de máscaras é obrigatorio “en persoas de seis anos en diante na vía pública, en espazos ao aire libre e en calquera espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ao público” para evitar a transmisión do coronavirus, segundo publicou este mércores o Boletín Oficial do Estado.

Cando son obrigatorias?
As máscaras son obrigatorias desde o xoves 21 de maio, é dicir, ao día seguinte da publicación no BOE da orde do Ministerio de Sanidade.

Quen deberá usar as máscaras?
Todas as persoas de seis anos en diante.

Hai algunha excepción?
Si, a excepción son as persoas que presenten algún tipo de dificultade respiratoria que poida verse agravada pola utilización da máscara, persoas cuxo uso se atope contraindicado por motivos de saúde ou discapacidade. Así como ao desenvolver actividades nas que o seu uso resulte incompatible.

Facer deporte é unha excepción?
Aínda que o BOE non é moi claro, só indica que unha das excepcións é a do desenvolvemento de actividades nas que, pola propia natureza destas, resulte incompatible, durante a práctica deportiva non haberá que empregalas, como precisou o Ministerio de Sanidade. Polo tanto nin para saír a correr, nin para andar en bicicleta, nin os deportistas profesionais. Polo tanto, todas aquelas actividades deportivas ao aire libre que requiran un esforzo que dificulten a respiración quedan exentas.

Cando é obrigatoria ao aire libre?
A orde ministerial aclara que a condición para utilizala ao aire libre e calquer espazo pechado de uso público sempre que non sexa posible manter unha distancia de seguridade interpersoal de polo menos dous metros.

Hai que levala sempre?
O texto matiza que o seu uso non será esixible no desenvolvemento de actividades que resulten incompatibles, tales como a inxesta de alimentos e bebidas, así como en circunstancias nas que exista unha causa de forza maior ou situación de necesidade. É dicir, non será obrigatoria a súa utilización en terrazas, bares ou restaurantes aínda que os locais de hostalería deben garantizar a separación entre as mesas.

Canto custan as máscaras?
Depende do tipo de máscara, o Goberno fixou un prezo de venda ao público das cirúrxicas de 0,96 euros IVE incluído. Outros tipos como FFP2 son máis caras, uns 7,50 euros por unidade. O Ministerio de Consumo editou unha guía sobre as máscaras.

Como usala correctamente?
A boca, o nariz e a barbela deben ir tapadas por completo. Sanidade recomenda lavarse as mans antes de poñela, evitar tocala mentres estea posta e deixar de usala cando estea húmida.

Ata cando haberá que usar as máscaras?
A orde ministerial manterá obrigatoriedade do seu uso á vixencia do estado de alarma e das súas posibles prórrogas.

Poden multar se nón a levo?
De momento non existe unha regulación específica sobre este tipo de sancións, pero poderían basearse na Lei de Seguridade Cidadá, e aplicarse multas nos casos de desobediencia. Polo momento, os axentes teñen instrucións só de multar no caso de persoas que lles desafíen abertamente ou que non atendan ao requirimento.